10/07/2009
Interacción contribúe a definir o futuro do sector dos videoxogos

A xerente de Interacción, a axencia interactiva máis premiada de Galicia, participou no foro Novos Medios e Contidos Audiovisual- Novomed 09.


O foro, impulsado por AGAPI, reuniu na facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela a expertos representantes das entidades máis destacadas en innovación audiovisual a nivel internacional e nacional. Beatriz Legerén, xerente de Interacción, centrou a súa intervención en definir o sector dos videoxogos como unha industria cultural de gran potencial.
Interacción conta con máis de 10 anos de experiencia no desenvolvemento de videoxogos. Dende a creación de “O Templo”, a primeira aventura gráfica celta en 3D, a compañía deseñou e desenvolveu máis de 10 títulos para todo tipo de plataformas: PC, consolas, internet, teléfonos móbiles, etc.

Aquí encontrarás as últimas noticias
Interacción logra dúas mencións no "Creatividade Galega 2009"
10/05/2010
Interacción mantén o seu selo de calidade a nivel autonómico.
Produtora Faro, do audiovisual á rede
02/03/2010
A produtora estrea nova imaxe na rede.
Abano estrea nova imaxe en Internet
26/02/2010
"Abano Producións" estrea o seu espazo na rede cunha nova páxina enfocada ao seu público onde prima a calidade e a experiencia.
español  |  galego
Julián Estévez, 32 - Bajo A, 36207 Vigo - Spain | T +34 986 447 274   F +34 986 223 506 | info@interaccion.es
nota legal